VOLVEMOS!

Retomamos a nosa actividade neste recuncho que, desde hai algún tempo tiñamos un tanto esquecido... Neste momento facémolo dun xeito diferente, polas circunstancias que están a acontecer ao noso redor e nas que nos vemos inmersos.

Para ofrecervos algunha forma de reforzar contidos que traballamos xuntos, algunhas orientacións ou simplemente algún modo de distraernos ou divertirnos cando o precisemos.

Porque aínda tamén nos momentos difíciles podemos atopar e descubrir cousas marabillosas...

MOITO ÁNIMO! COMEZAMOS...

mércores, 13 de maio de 2020

QUÉDATE EN TU CASA

Seguro que moitos de vós coñecedes esta canción que, como outras moitas, 
se orixinou en tempos de coarentena polo coronavirus. 
Anímovos a poñer a proba a vosa memoria!
Escoitádea con atención e logo comprobade se conseguides encher os ocos coas palabras correctas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario