VOLVEMOS!

Retomamos a nosa actividade neste recuncho que, desde hai algún tempo tiñamos un tanto esquecido... Neste momento facémolo dun xeito diferente, polas circunstancias que están a acontecer ao noso redor e nas que nos vemos inmersos.

Para ofrecervos algunha forma de reforzar contidos que traballamos xuntos, algunhas orientacións ou simplemente algún modo de distraernos ou divertirnos cando o precisemos.

Porque aínda tamén nos momentos difíciles podemos atopar e descubrir cousas marabillosas...

MOITO ÁNIMO! COMEZAMOS...

luns, 30 de maio de 2016

OS ALUMNOS DE PT-ESO RECOMENDAN:




     Este é un libro emocionante. Eu lino, sen que fose obrigatorio, e pareceume unha historia da que podes aprender moito: Sobre o que lle ocorre ao protagonista e sobre a reacción dos outros personaxes.
   
     Recoméndovos que o leades porque é un libro que che ensina que todas as persoas somos iguais, teñamos o aspecto que teñamos... Podemos ter enfermidades, ser gordos ou delgados... pero por dentro somos todos iguais. Por iso non temos que menosprezar a ninguén, nin tratalos coma se foran bebés.

     Ao ler este libro sintes moitas emocións. Eu sentín intriga ao principio, pero despois, cada vez íame metendo máis no papel do protagonista e empecei a sentir tristeza, rabia, furia...

     Non vos quero contar moito porque se non... A min gustoume moito e iso que son unha persoa á que non lle gusta ler moito, pero con este libro vivín experiencias que nunca experimentara. Por iso vos pido que o leades, que experimentedes todas esas sensacións e aprendades como eu aprendín.

     A miña proposta é que fora un libro de lectura obrigada para todos os alumnos. Para aprender e disfrutar del.

  
 Bonisú Cabo Sánchez - 2º E.S.O. B



     Recomiendo este libro porque me emocionó por lo que pasó August, por lo que tuvo que superar...

     Lloras, te enfureces, pero al final siempre sonríes.

     Recomiendo que lo leas porque te emocionas.


Mariela Montserrat Carballo - 2º E.S.O.


________________________________________________________________

 

NON ESQUEZAS QUE DETRÁS DUNHA CARA...

HAI UN CORAZÓN

xoves, 26 de maio de 2016

Marabillas do mundo
























 

Son únicas pola súa beleza, a súa excepcionalidade...

A xente as admira, as coida e respecta.

Pero só uns cantos coñecen xa A PRIMEIRA MARABILLA DO MUNDO.

E non deben esquecer:

MANTER EN SEGREDO O QUE VIRON  DENTRO DA CAIXA

 

(Os que queirades formar parte deste pacto secreto, pasade polo CORREDOR DAS EMOCIÓNS)