VOLVEMOS!

Retomamos a nosa actividade neste recuncho que, desde hai algún tempo tiñamos un tanto esquecido... Neste momento facémolo dun xeito diferente, polas circunstancias que están a acontecer ao noso redor e nas que nos vemos inmersos.

Para ofrecervos algunha forma de reforzar contidos que traballamos xuntos, algunhas orientacións ou simplemente algún modo de distraernos ou divertirnos cando o precisemos.

Porque aínda tamén nos momentos difíciles podemos atopar e descubrir cousas marabillosas...

MOITO ÁNIMO! COMEZAMOS...

martes, 28 de abril de 2020

EMOCIÓNATE

Nestes momentos, con toda a situación que estamos vivindo, sentimos moitísimas emocións diferentes ao longo do noso día. É importante que saibamos identificalas e falemos delas con alguén. Seguro que así nos sentiremos mellor.


Propóñovos algunhas actividades para que intentedes poñerlle nome a algunhas desas emocións...



xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2020


Os libros...

  • Permítenos evadirnos e transportarnos a eses lugares nos que transcorre a súa historia. Nestes momentos necesitamos máis que nunca voar e viaxar coa nosa imaxinación, máis alá das paredes entre as que nos atopamos nas nosas casas. 
  • Ademais, axúdannos a mellorar a nosa capacidade de atención e concentración. 


¡FELIZ DÍA DO LIBRO!