VOLVEMOS!

Retomamos a nosa actividade neste recuncho que, desde hai algún tempo tiñamos un tanto esquecido... Neste momento facémolo dun xeito diferente, polas circunstancias que están a acontecer ao noso redor e nas que nos vemos inmersos.

Para ofrecervos algunha forma de reforzar contidos que traballamos xuntos, algunhas orientacións ou simplemente algún modo de distraernos ou divertirnos cando o precisemos.

Porque aínda tamén nos momentos difíciles podemos atopar e descubrir cousas marabillosas...

MOITO ÁNIMO! COMEZAMOS...

luns, 29 de febreiro de 2016

domingo, 21 de febreiro de 2016

PARA SER PROFE HOXE


Despois dunha choiva de ideas...

                Déixovos hoxe esta marabillosa receita caseira. Foi creada polos estupendos chefs dos que me rodeo a diario... Todos elos aportaron un chisco coas súas ideas e saiu isto...


RECEITA PARA SER UN BO PROFE HOXE EN DÍA

    
   INGREDIENTES: 

    • Bo humor
    • Comprensión
    • Amabilidade
    • Saber escoitar
    • Confianza
    • Sinceridade
    • Coñecementos
    • Paciencia

          PREPARACIÓN:

         Para conseguir ser un bo profe hoxe, o primeiro e máis importante, ademais dos coñecementos que todo profe ten, é 
         CHEGAR AOS ALUMNOS.

         Con un poco de bo humor, mantendo o sorriso, mostrando amabilidade e moita comprensión, xa temos o mellor...

          Se engadimos confianza, valorando o que cada un pode aportar, conseguimos moito máis..

          E se durante todo o proceso se mantén a PACIENCIA, o lograrás!




      SUSTO NO COLEXIO DE MORAÑA

       



           Basada no relato:  "Algo pasa no colexio"  
      Pulsa na imaxe
      para ver máis grande
      Pulsa na imaxe  para ler


      Pulsa na imaxe para ler
       




      sábado, 20 de febreiro de 2016

      WONDER

      Han venido médicos de ciudades lejanas,
      solo para verme,
      parados sobre mi cama,
      incrédulos sobre lo que están viendo.
      Dicen que debo de ser una de las maravillas
      de la propia creación de Dios.
      Por lo que pueden ver,
      no pueden ofrecer una explicación...

      (Natalie Merchant)