CREAMOS OS NOSOS CONTOS
VOLVEMOS!
Retomamos a nosa actividade neste recuncho que, desde hai algún tempo tiñamos un tanto esquecido... Neste momento facémolo dun xeito diferente, polas circunstancias que están a acontecer ao noso redor e nas que nos vemos inmersos.
Para ofrecervos algunha forma de reforzar contidos que traballamos xuntos, algunhas orientacións ou simplemente algún modo de distraernos ou divertirnos cando o precisemos.
Porque aínda tamén nos momentos difíciles podemos atopar e descubrir cousas marabillosas...
MOITO ÁNIMO! COMEZAMOS...
mércores, 16 de marzo de 2016
martes, 8 de marzo de 2016
Hoxe reflexionamos ....
A todos nos resulta máis que familiar a palabra APRENDER, pero... despois de reflexionar e poñer en común as nosas ideas na clase, démonos conta de que é algo moitísimo máis amplo do que pensabamos.
Entre todos escollemos as ideas máis completas que saíron na clase, pero animámosvos a pensar un rato sobre o tema e completar o voso propio esquema.
Reflexionando sobre... APRENDER
Entre todos escollemos as ideas máis completas que saíron na clase, pero animámosvos a pensar un rato sobre o tema e completar o voso propio esquema.
Reflexionando sobre... APRENDER
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)