VOLVEMOS!

Retomamos a nosa actividade neste recuncho que, desde hai algún tempo tiñamos un tanto esquecido... Neste momento facémolo dun xeito diferente, polas circunstancias que están a acontecer ao noso redor e nas que nos vemos inmersos.

Para ofrecervos algunha forma de reforzar contidos que traballamos xuntos, algunhas orientacións ou simplemente algún modo de distraernos ou divertirnos cando o precisemos.

Porque aínda tamén nos momentos difíciles podemos atopar e descubrir cousas marabillosas...

MOITO ÁNIMO! COMEZAMOS...

martes, 8 de marzo de 2016

Hoxe reflexionamos ....

A todos nos resulta máis que familiar a palabra APRENDER, pero... despois de reflexionar e poñer en común as nosas ideas na clase, démonos conta de que é algo moitísimo máis amplo do que pensabamos.
Entre todos escollemos as ideas máis completas que saíron na clase, pero animámosvos a pensar un rato sobre o tema e completar o voso propio esquema.


Reflexionando sobre... APRENDER



Ningún comentario:

Publicar un comentario