VOLVEMOS!

Retomamos a nosa actividade neste recuncho que, desde hai algún tempo tiñamos un tanto esquecido... Neste momento facémolo dun xeito diferente, polas circunstancias que están a acontecer ao noso redor e nas que nos vemos inmersos.

Para ofrecervos algunha forma de reforzar contidos que traballamos xuntos, algunhas orientacións ou simplemente algún modo de distraernos ou divertirnos cando o precisemos.

Porque aínda tamén nos momentos difíciles podemos atopar e descubrir cousas marabillosas...

MOITO ÁNIMO! COMEZAMOS...

venres, 12 de marzo de 2021

OS ALUMNOS DE MORAÑA INFORMAN

OS NOSOS REPORTEIROS INFORMAN DUNHAS NOVAS MOI CURIOSAS...

Despois de ler algún dos contos que temos na biblioteca da nosa aula, 

que foron creados por antigos alumnos, 

convertémolos en noticias e aquí tendes o resultado:


1. INFORMA: DAVID TOUCEDA (Baseada no conto "Algo pasa no colexio", de Yeray)

2. INFORMA: ILIE EFTIMIE (Baseada no conto "El mostruo del lago", de Yeray)

3. INFORMA: ANXO CALVO (Baseada no conto "Medo alegre", de Nico)

4. INFORMA MARTIÑO MOSQUERA (Baseada no conto "Una momia divertida", de Cristian)


xoves, 4 de xuño de 2020

PROXECTA NATURÉZATE

Coa finalidade de avaliar o desenvolvemento do Plan Proxecta: Naturézate, no que moitos de vós participastes, animámosvos a realizar o seguinte cuestionario: 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Con motivo da conmemoración do día mundial do MEDIO AMBIENTE, mañá 5 de xuño, invítovos a que reflexionedes un pouco...
Déixovos un artigo e un vídeo moi interesantes. 




martes, 26 de maio de 2020

TIPOS DE TEXTOS

Os dejo un sencillo esquema en el que aparecen clasificados algunos de los distintos tipos de textos que hemos visto en clase. Elegid uno de ellos y elaborar un pequeño texto propio, siguiendo la estructura que corresponda. Ánimo y a escribir!!!



mércores, 13 de maio de 2020

QUÉDATE EN TU CASA

Seguro que moitos de vós coñecedes esta canción que, como outras moitas, 
se orixinou en tempos de coarentena polo coronavirus. 
Anímovos a poñer a proba a vosa memoria!
Escoitádea con atención e logo comprobade se conseguides encher os ocos coas palabras correctas.

mércores, 6 de maio de 2020

ONDE ESTÁ?

Nestes días, vendo as noticias, podemos escoitar datos da situación actual sobre a crise do coronavirus nas distintas comunidades autónomas do noso país. Pero... saberías localizalas todas correctamente? Podes intentalo no seguinte mapa interactivo: